Sobre nós

Somos grandes defensores da tradición e por iso dedicamos o noso esforzo, cariño e experiencia a elaboración de cada peza.

A nosa historia

En 1960 Jesusa e Manuel, de profesión Zapateiro, deciden comprar un forno de pedra e compaxinar a minguante labor dos zapatos coa feitura de pan. Nace así a PANADERÍA CASA ZAPATEIRO.

Hoxe, segunda e terceira xeración seguimos con ese espírito aventureiro, mantendo a tradición de pan feito soamente con auga, fariña, fermento e sal e moitas horas de fermentación e cocción en forno quentado con leña.

Esforzámonos cada día por conseguir produtos artesáns de calidade e, para iso, seleccionamos as mellores materias primas e elaboramos cada produto con dedicación, cariño e esmero.

O noso produto estrela e é, sen dúbida, o pan. O feito de traballar con fariñas sen aditivos e de trigo autóctono con certificados de calidade fai que CASA ZAPATEIRO sexa unha das poucas panaderías galegas amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida PAN GALEGO.

Ademais do pa, dispoñemos de gran cantidade de produtos elaborados de xeito tradicional como empanadas, biscoitos ou tartas.

O noso pan

Cada noite, dende fai máis de 60 anos, seguimos a elaborar de forma artesanal e coa receita tradicional (auga, fariña, masa nai e sal) as nosas variedades de pan.

Todas as nosas variedades de pan son elaboradas de un xeito tradicional empregando masa nai e cocidas en forno de leña. Logo de una longa fermentación natural, o pan adquire un sabor intenso e pode conservarse fresco durante varios días.

Somos grandes defensores da tradición e por iso dedicamos o noso esforzo, cariño e experiencia a elaboración de cada peza.

O feito de traballar con fariñas sen aditivos e de trigo autóctono con certificados de calidade fai que CASA ZAPATEIRO sexa unha das poucas panaderías galegas amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida PAN GALEGO.

Dispoñemos de unha ampla variedade de productos bolo (500gr, 1kg, 1,5 kg), bola, barras(de leña, integral, sen sal..), chapata, chapatita, pan de espelta, pan de centeo, pan de centeo noces e pasas, pan de millo…

As nosas empanadas

En toda boa festa galega non pode faltar unha boa empanada. Cubertas de unha fina masa de pan e con un recheo 100% natural obtense un sabor único, característico e diferenciado.

Todas as nosas empanadas están elaboradas de xeito tradicional, con ingredientes de primeira calidade e cocidas en forno de leña.

Elaboramos de forma artesanal empanadas de atún, bacalao, bacalao con pasas, carne, polo con champiñóns, zamburiñas, mexillón, polbo, ameixas, zorza, verduras, mar, lacón con grelos (en temporada), sardiñas, xamón york e queixo, beicon e queixo, lomo e queixo…

Os nosos biscoitos

Dispoñemos de unha gran variedade de biscoitos e doces que seguindo receitas tradicionais se converten en doces ideais para calquera momento do día e para calquera celebración.

Entre as nosas especialidades atópase o biscoito tradicional que se elabora con tan so tres ingredientes (fariña, ovos e azucre) e que, despois de cocido no forno de leña, obtén unha costra cruxiente e un interior moi esponxoso.

Ademais dispoñemos de larpeira, rosca, biscoito de mazán, biscoito de noces con chocolate, bica, biscoito de laranxa…

As nosas tartas

O igual que todos os nosos productos as nosas tartas son artesanas e elaboradas no noso obrador. Dispoñemos de gran variedade de sabores e posibilidade de adaptalas a calquera evento ou celebración ou personalizada segundo petición do cliente.

Entre as nosas variedades poderás encontrar: Milfollas, tarta Biscoito, tarta mazán, tarta mazán, tarta de Santiago, tarta de queixo, tarta de Mokka, Semifríos variados, Tiramisú…